Para quén: Para todos os galegos perdidos polo mundo, que nos boten de menos tanto como nos a eles.
Presuposto: 25 €
Onde comprar: Xenebra Nordés, Vodka Nordés
Nestes días moitos dos nosos amigos e achegados teñen que facer as maletas na búsqueda dun futuro "mellor", mellor pero non por elo máis sinxelo, xa que nunca e prato de gusto estar lonxe da casa.
Para todos eles, os que vemos pouco e os sentimos moito, temos un regalo perfecto: a xenebra e o vodka Nordés. Se trata de dous destilados de primeira categoría elaborados o 100% en Galicia con productos galegos. A xenebra utiliza viño albariño, o que lle da un caracter único e excepcional. O vodka, está feito nada máis e nada menos que con patacas de Xinzo e dalle un sabor que non llo dan unhas patacas calquera.
Ademáis o que mellor expresa o que queremos transmitir con este regalo é a propia imaxe da etiqueta aparece un mapa do mundo e no centro un pequeno punto en cor vermello: Galicia, orixe e destino. Sorprende os teus amigos con este regalo, para que sintan o vento do nordés como si estiveran na casa :)
No hay comentarios:
Publicar un comentario